CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Camiño de Inverno feito arte, no mural da Rúa

 

Comezou sendo un galimatías de cuadrículas e liñas vermellas e negras, e tres semanas despois o mural adicado ao Camiño de Inverno na Rúa é xa unha fermosa estampa de cores coa que se atopa todo aquel que entre á localidade pola avenida de Somoza.

Tal como ten explicado o propio artista, Juan Carlos Abraldes, o debuxo xira en torno ao Camiño, pero tamén á cultura vitivinícola, coa imaxe de Baco e á propia vila, con elementos ben característicos. A maxestuosa figura do deus do viño era a primeira en aparecer sobre o fondo (nun principio branco) da parede; e pouco a pouco foise perdilando o resto. Os peregrinos coa mochilas ás cosas facendo a ruta xacobea, a Ponte da Cigarrosa, o paseo do Aguillón, o encoro de San Martiño, o Miradoiro do Barranco Rubio,… Aínda que as chuvias caídas na pasada semana provocaron filtracións no túnel que impedían a Juan Carlos completar con éxito o seu traballo, e malia  quedar detalles por matizar, hoxe está practicamente rematado.

Nesta galería de imaxes podemos ver a evolución do mural, unha das iniciativas do proxecto de promoción incluído no Programa AEVAempregaTE, promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras que conta coa colaboración do Concello da Rúa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button