CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Camiño de Inverno, no programa de actividades do proxecto Club de Letras do IES Lauro Olmo do Barco

Os alumnos de 2º de Bacharelato percorreron o tramo entre Pumares e O Barco

 

Na tarde do xoves 18 de marzo os alumnos de 2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, percorrían un tramo do Camiño de Inverno, entre Pumares e O Barco.  “Un traxecto que se desfruta comodamente e que está perfectamente sinalizado”, puntualizan dende o instituto, no que poideron fotografar árbores como aciñeiras, sobreiras, oliveiras, moi presentes na zona, así como matogueira entre as que abundaba  lavanda, tomiño “especies máis propias do clima mediterráneo”, aseguran, ademais de visitar o Petróglifo de Éntoma.

A visita enmárcase na actividade de Coidados da Paisaxe, dentro do proxecto Club de Letras no que participa o instituto barquense. Neste caso analizaron as características da paisaxe natural, paisaxe agraria e as transformacións humanas, centrándose especialmente no coidado e o aproveitamento sostible dos recursos naturais.

 

Sinalización no Camiño de Inverno.

 

Alumnas do IES Lauro Olmo no Camiño ao seu paso por Éntoma (O Barco).

Fotos: IES Lauro Olmo

Artigos relacionados

Back to top button