EconomíaEconomíaÚltima hora

O Camiño de Inverno, presente nunha viaxe conmemorativa a Bélxica

Representantes de 12 asociacións xacobeas galegas participarán nunha serie de actos polos 30 anos da declaración do Camiño de Santiago como o primeiro Itinerario Cultural Europeo
Peregrinos polo Camiño de Inverno a Santiago. /Foto: Miguel López.

Dende hoxe, 8 de maio e ata o xoves día 11, vintecatro representantes de doce asociacións xacobeas de Galicia participarán en Bélxica nunha serie de actos conmemorativos dos trinta anos da declaración do Camiño de Santiago como o “primeiro Itinerario Cultural Europeo”, que se cumprirán no vindeiro mes de outubro.

No primeiro día da viaxe, os directivos e membros das asociacións participantes, representativas das distintas rutas do Camiño en Galicia, entre as que están a presidenta e a secretaria da Asociación do Camiño de Santiago por Valdeorras,  participarán na cidade de Namur entre outros actos, nunha primeira cerimonia conmemorativa dos 30 anos de declaración en 1987, polo Consello de Europa, do Camiño de Santiago como o itinerario cultural europeo fundacional. Celebrarase no Palacio Provincial e no mesmo as autoridades da provincia, encabezadas polo director da Federación de Turismo, François Malacord, presentarán unha carta de adhesión a rede europea de rutas a Santiago de Compostela. Tamén descubrirán unha placa conmemorativa, presentarán un selo xacobeo e anunciarán as liñas estratéxicas do plan para o desenvolvemento socio-cultural do Camiño nesta provincia belga.

A xornada de mañá, día 9 dedicarase a visitar as cidades de Bruxas e Gante e entre outras actividades os viaxeiros coñecerán o patrimonio vinculado ao Camiño de Santiago.S.A. de Xestión do Plan Xacobeo Estrada Santiago-Noia, km 3 A Barcia, 15896, Santiago de Compostela.

Na mañá do día 10 a representación galega visitará o Parlamento Europeo, onde participará nun acto con representantes do Intergrupo Turismo e Patrimonio Cultural: Camiño de Santiago, encabezado polo seu co-presidente, Francisco Millán Mon. Tamén se realizará unha visita á Fundación Galicia Europa, onde representantes de organismos europeos informarán sobre as posibilidades existentes para participar en proxectos de desenvolvemento de itinerarios culturais. A última actividade programada celebrarase pola tarde na sede do Instituto Cervantes de Bruxelas. Consistirá nunha mesa redonda organizada polo devandito Instituto e titulada Reconstruir Europa a través del Camino de Santiago. Ao remate da mesa redonda, o Centro Galego de Bruxelas presentará o Festival Compostela, unha serie de actividades culturais, con Galicia e o Camiño como motivo, que se celebrarán na capital belga os vindeiros días 3 e 4 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button