EconomíaEconomíaÚltima hora

O Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021, factores de impulso económico e anímico trala crise sanitaria

O conselleiro de Cultura e a Comisaria do Xacobeo reuníronse co equipo de traballo para avaliar as súas achegas na desescalada da ruta e a redefinición do Ano Santo

Camiño de Inverno ao seu paso por Quereño (Rubiá). Foto: Carlos G. Hervella.

 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, reuníronse grupo de traballo para o vindeiro Ano Santo, a quen agradeceu o seu labor nas últimas semanas dentro das actuacións preparatorias para a reactivación do Camiño de Santiago e a redefinición da celebración. O representante da Xunta avaliou con eles as súas achegas, que apostan por un Camiño seguro, sustentable e con maior presenza dixital.

O grupo –composto por un amplo número de representantes das administracións xestoras do Camiño, as asociacións de amigos, dos sectores cultural e turístico, da Igrexa ou do eido académico e investigador, entre outros– mantivo no último mes varias videoconferencias co obxectivo de contribuír ao reinicio da peregrinación, un proceso que se prevé desenvolver nas próximas semanas, e á reorientación do Xacobeo 2021 ao escenario poscovid-19.

O conselleiro sinalou que o Camiño de Santiago e, por conseguinte, o Xacobeo 2021 se presentan como “factores de impulso económico e anímico tras a crise sanitaria”, polo que a Xunta ten en marcha diversas iniciativas para o seu desenvolvemento, entre elas este grupo de traballo, cuxas achegas serán tidas en conta na posta en marcha do programa Camiño Seguro, que busca garantir a reactivación da peregrinación progresiva e coordinada.

 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, coa comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e o Grupo de Traballo para o Xacobeo 2021.

 

As súas recomendacións contribuirán a actualizar e reenfocar as prioridades e necesidades do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021 no novo escenario, así como a traballar a prol da viabilidade e sustentabilidade do tecido empresarial e do mantemento do emprego vinculado ao Camiño. A adaptación ao contexto socioeconómico resultante e o deseño de novos produtos e solucións adaptadas serán outras das liñas a curto e medio prazo.

Os obxectivos prioritarios fixados nas conclusións articúlanse en catrof eixos, o primeiro dos cales subliña a importancia de garantir a seguridade das persoas no Camiño, colaborando entre administracións, establecendo medidas concretas e axudas e favorecendo a saúde pública. En segundo lugar, avógase por un itinerario que potencie a comunicación, formación e información, sentando as bases da súa reactivación, co 2021 no terceiro eixo, o máis inmediato, pero cunha visión global para a próxima década no cuarto dos eixos.

Artigos relacionados

Back to top button