CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Campamento de Fútbol do CD Barco 2021, tamén en agosto

Dado o éxito no mes de xullo, haberá dúas novas semanas de campus, do 16 ao 20 de do 23 ao 27

Campamento do CD Barco neste mes de xullo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Nunca foi tan esperado o Campus de Fútbol do Barco, e mostra diso son os máis de 220 cativos que tivo a edición deste 2021 nas tres semanas celebradas en xullo.

Precisamente por iso, debido á boa acollida por parte dos pais e a súa solicitude de poder ampliar o campamento, dende o club barquense lanzan unha nova proposta para o mes de agosto.

De novo no Campo de Fútbol de Viloira, para grupos reducidos e co protocolo Covid-19, desenvolverase o campus en dúas semanas: do 16 ao 20 de agosto (50 euros) e do 23 ao 27 de agosto (50 euros), en horario de 9:45 a 13:30 horas para nenos de 4 a 16 anos.

Haberá un grupo especial de preparación pretempada Infantil, Cadete e Xuvenil e outro grupo para os Biberóns no que o deporte mesturarase con xogo.

 

Artigos relacionados

Back to top button