ConcellosQuirogaÚltima hora

O campamento de verán de Quiroga xa ten voluntarios

Dez rapaces asinaron hoxe, 10 de xullo, o acordo co Concello para prestar servizos como voluntarios nesta edición do campamento municipal

Os voluntarios para o campamento de verán, durante a firma do convenio.

 

Dez persoas firmaron hoxe, 10 de xullo, o acordo de colaboración co Concello de Quiroga para prestar servizo como voluntarios nesta edición do campamento municipal deste verán que dará comezo o próximo 13 de xullo. O programa de voluntariado foi solicitado polo Concello a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e servirá para que estos rapaces poidan ampliar o seu currículum e recibir un título pola actividade prestada, segundo indicou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Dos dez firmantes, nove prestarán servizos na aula da Ludoteca e no Centro Social da Ribeira con nenos de entre 4 a 12 anos de idade. O voluntario restante traballará na Radio Municipal de Quiroga.

As concelleiras de Xuventude e Infancia serán as encargadas de coordinar o traballo dos voluntarios e, durante a firma do convenio, informáronlles das tarefas que realizarán no campamento así como dos protocolos hixiénico-sanitarios a seguir en cada situación.

Artigos relacionados

Back to top button