DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O campión vasco Jon Fernández imparte unha clase maxistral de boxeo no Barco

A masterclass tiña lugar no pavillón vello promovida polo Club Kick Boxing Valdeorras

 

Natural do País Vasco, o boxeador Jon Fernández foi campión de España de peso superpluma e ostentou o título WBC Silver do Consejo Mundial de Boxeo (WBC), chegando a adestrar ao mesmísimo Ricky Rubio (NBA). Trátase “dun dos boxeadores que están chamados a facer historia neste deporte”, asegura Juan J. Pardo adestrador do Club Kickboxing Valdeorras, e na mañá do 25 de xaneiro achegábase ata O Barco de Valdeorras para impartir unha masterclass.

 

O boxeador vasco Jon Fernández.

 

Como mover os pés e os puños, como colocarse ou como protexere a cara, son algúns dos puntos que xirou o curso intensivo que Jon impartiu aos asistentes (practicantes e simples afeccionados) de diferentes idades, durante dúas horas no pavillón vello barquense.

 

Dous dos participantes durante a clase.

 

A actividade estivo promovida polo club valdeorrés e o seu responsable asegura que “e un luxo para os afeccionados poder contar en Valdeorras cun deportista como este”, explicando que actualmente está afincado en Ponferrada, combinando os adestramentos no Bierzo Fitnes Center e Madrid.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button