OurenseÚltima hora

O Campionato de España de Trampolín reunirá en Ourense a máis de 500 deportistas

José Manuel Estévez, Covadonga Menéndez, Rosendo Fernández, Cristina Sánchez e Manuel Pérez.

 

A X edición do Campionato de España individual e clubs e nacional base de Trampolín, que conta co apoio da Deputación de Ourense celebrarase durante toda este fin de semana no Pazo dos Deportes Paco Paz. Na presentación do evento, o vicepresidente primeiro da Deputación Rosendo Fernández estivo acompañado polo delegado de deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; a secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Cristina Sánchez e Covadonga Menéndez, en representación da Real Federación Española de Ximnasia.

O campionato celebrarase por segunda vez consecutiva no Pazo dos Deportes, contando nesta edición coa presencia de máis de 500 deportistas procedentes de 74 clubs distintos que proveñen de todas as comunidades de España, para competir nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín e sincronismo.

Neste campionato de España destaca especialmente a participación dos deportistas galegos, que serán a terceira delegación máis numerosa, so por detrás dos ximnastas de Madrid e Castela e León. Ourense, pola súa banda, encabezará á delegación galega grazas ós máis de 60 participantes que competirán por clubs da cidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button