DeportesÚltima hora

O Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras 2021 percorrerá tramos do Camiño de Inverno

O evento deportivo que reunirá na comunidade en outubro do vindeiro ano a equipos dos cinco continentes, combinará probas de ciclismo, trekking, kayak e barranquismo

Reunión cos organizadores do Campeonato Mundo de Aventura 2021.

 

O desenvolvemento do Campionato do Mundo de Carreiras de Aventuras, do que Galicia será sede o vindeiro ano será clave para a promoción no exterior das distintas rutas do Camiño de Santiago que atravesan a comunidade, entre elas o Camiño de Inverno que atravesa Valdeorras. Así o destacaba o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, na reunión co organizador do campionato, José Manuel Rodríguez, e o director da carreira, Pablo López, incidindo na importancia deste evento deportivo nun ano clave para o turismo galego, coincidindo co Xacobeo 2021.

O evento deportivo que reunirá na comunidade en outubro de 2021 a equipos dos cinco continentes, combinará probas de ciclismo, trekking, kayak e barranquismo e transcorrerá por máis de 600 quilómetros polas catro provincias galegas, entre os que se inclúen tramos de rutas xacobeas como o Camiño Francés, o Inglés, o do Norte, o Primitivo e o de Inverno. Ademais, terá como escenario algúns dos principais espazos naturais da comunidade como a Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button