DeportesÚltima hora

O campionato galego de campo a través de Xogade reunirá a preto de 400 nenos no circuíto ourensán de Monterrei

As probas disputaranse este sábado, 16 de febreiro, a partires das 11:30 horas
Presentación do campionato galego de campo a través de Xogade.

O Complexo Deportivo de Monterrei na localidade ourensa do Pereiro de Aguiar acollerá este sábado, 16 de febreiro a partires das 11:30horas, o campionato galego de campo a través do programa Xogade que reunirá a preto de 400 nenos e nenas das catro provincias (103 da provincia de Pontevedra, 99 da provincia da Coruña, 90 da provincia de Lugo e outros 90 da provincia de Ourense).

Os atletas que participaran, tanto nas modalidades individual como por equipos nas categorías alevín, infantil e cadete, chegan a esta cita tras clasificarse nos sesenta eventos de cross previos entre fases previas, comarcais e provinciais. Nesta tempada, o cross conta con máis de 32.000 nenos e nenas inscritos.

A presentación da proba tiña lugar en Ourense na mañá do 13 de febreiro por parte do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa quen valorou a “amplísima oferta” que se fai desde o programa Xogade manifestando que “aínda pode ser maior”, atendendo ás “demandas dalgunhas federacións que solicitan maior presenza dos seus deportes no ámbito escolar. Por iso estudamos a posibilidade de ampliar a oferta coa incorporación de novas modalidades deportivas como o remo indoor que está a ter unha gran acollida”, anunciou.

Artigos relacionados

Back to top button