OurenseÚltima hora

O Campionato Galego de Kickboxing reunirá en Ourense a máis de 200 deportistas

O torneo desenvolverase no Pavillón dos Remedios na fin de semana do 20 e 21 de marzo

 

Ourense convertirase neste mes de marzo na capital galega do kickboxing. Na fin de semana do 20 e 21 de marzo celebrarase no Pavillón Municipal dos Remedios o Campionato Galego nas especialidades de Tatami Sport (contacto lixeiro): light contact, point fighting e kick light; e Ring Sports (contacto pleno): full contact, low kick e K1 rules.

No evento, organizado pola Federación Galega de Kickboxing para todas as categorías masculina e feminina de 8 a 40 anos, participarán 228 deportistas de 49 clubs galegos, dos cales 37 (de 7 clubs) son de Ourense.

 

Presentación do campionato no Concello de Ourense.

 

O evento será clasificatorio para o Campionato de España 2021 que se celebrará en Guadalaxara do 14 ao 16 de maio (Ring Sports) e do 9 ao 11 de xullo (Tatami Sports) e desenvolverase cumprindo con todas as medidas sanitarias vixentes para evitar posibles contaxios do Covid-19. Será retransmitido vía streaming a través da canle de Youtube da Federación.

 

Programa.

Artigos relacionados

Back to top button