DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O campionato galego de orientación a pé reúne a centos de deportistas no Barco

A modalidade de distancia media celebrábase polo monte de Éntoma e de sprint polo Malecón barquense

 

O mapa de Éntoma, no concello do Barco de Valdeorras, acollía na mañá do 16 de novembro o campionato galego de orientación a pé na modalidade de distancia media. Unha proba que comezaba en torno ás 10:30h. coa participación duns 300 deportistas chegados de diferentes puntos de Galicia (Porto do Son, As Pontes, Lugo, O Barco,…), de Castela e León, Asturias e incluso Valencia.

O itinerario desta edición do Trofeo Camiño de Inverno, Terras de Valdeorras marcado polo Club Peña Trevinca Barco, organizador da proba en colaboración coa FEGADO, discorreu por sendeiros e tamén monte a través, contando con mapas adaptados para os máis pequenos na modalidade de iniciación. Ademais a Comunidade de Montes San Fiz-Louxeira de Éntoma tamén colaborou coa carreira, convidando aos deportistas a un magosto con castañas e chourizos asados.

A modalidade de sprint tiña lugar pola tarde con saída dende o pavillón municipal de Calabagueiros e percorrido polo Malecón e praia fluvial, xa na Barco.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button