DeportesÚltima hora

O campionato galego de remudas reúne en Quiroga a máis de 200 orientadores

Os equipos infantil e xuvenil do Club Peña Trevinca Barco subían ao 2º e 3º posto do podio, respectivamente

Máis de 200 deportistas de toda Galicia dábanse cita o 1 de decembro en Quiroga, para participar nas diferentes categorías do campionato galego de orientación a pé na modalidade de relevos.

Por motivos de organización o Peña Trevinca Barco participaba unicamente con equipos da canteira. Os resultados máis sgnificativos foron o segundo posto do 3VINKIDS na categoría infantil conformado por Mailén Aller e os irmáns Esther e Juan Pablo Agudo e o terceiro do equipo xuvenil PRODIGY integrado por Iago Trigo, Cristina Neta e Eros Álvarez.

O campionato estivo organizado polo Club Peña Trevinca Barco e o Concello de Quiroga, coa colaboración da A.D. Limiactiva e o apoio da Federación Galega de Orientación e ao rematar tamén se entregaron os premios da tempada recén terminada.

Artigos relacionados

Back to top button