OurenseÚltima hora

O campionato galego de voleibol reunirá mañá en Ourense a máis de 300 nenos de toda Galicia

O torneo esta organizado polos tres clubs de Ourense e elebrarase no anexo do pavillón dos Remedios

Máis de 300 cativos de toda Galicia participarán mañá, sábado 28 de abril, no campionato galego de voleibol, nas categorías benxamín e alevín que se disputará no anexo do pavillón dos Remedios, organizado polos tres clubs ourensáns: Club Voleibol Ourense, San Martiño e As Burgas.

O torneo desenvolverá en xornada de mañá as fases previas e pola tarde as finais, rematando coa entrega de medalla. Será unha competición “moi disputada e atractiva”, segundo as palabras de Mateo Fernández, do Voleibol San Martiño. Nela participarán nenos de entre 10 e 13 anos da que sairán “os futuros xogadores de elite deste deporte”, segundo José Antonio Luna presidente da Federación Galega de Voleibol.

 

Artigos relacionados

Back to top button