DeportesÚltima hora

O campo de fútbol A Queixeira, en Arnoia, contará con herba natural

A instalación deportiva contará ademais con sistema de rego e vestiarios renovados grazas á cooperación entre Concello e Deputación
Dende a esquerda, Aparicio, Baltar e Pérez, esta mañá, no campo de fútbol A Queixeira.
Dende a esquerda, Aparicio, Baltar e Pérez, esta mañá, no campo de fútbol A Queixeira.

As obras de mellora do campo de fútbol A Queixeira, no Concello de Arnoia, avanzan a bo ritmo. Estas actuacións que se están a levar a cabo con cargo ás arcas municipais e á Deputación de Ourense dotarán á instalación deportiva de herba natural no campo, sistema de rego e o arranxo dos vestiarios e de todo o entorno. Así o constataron tamén as autoridades que visitaron a zona na mañá do luns 17 de outubro: o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, e o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio.

“Trátase dun campo de fútbol emblemático”, definía o rexedor para a continuación agradecer o apoio da Deputación. O entre provincial aportou 49.874 euros a esta renovación, unha “proba máis da cooperación que debe existir entre as administracións”, apuntou pola súa banda Baltar. Dende ambas administracións entenden que en todo caso esta colaboración fai posible o arranxo dunhas instalacións moi coñecidas na provincia e que pasarán a ser gozadas non só polos locales, senón tamén por todos os clubes que se achegan á vila a desputar os partidos.

Artigos relacionados

Back to top button