DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O campo do Aguillón acolle catro partidos de fútbol esta fin de semana

Os cadetes do C.D. Rúa perderon 2-5 o seu encontro ante C.P. Calasancio

Unha nova xornada de fúttbol se presenta esta fin de semana no campo rues do Aguillón con catro partidos co C.D. Rúa como equipo local.

Os máis madrugadores eran os cadetes que comezaban o seu partido ás 10:30h. deste sábado 3 de novembro, contra o C.P. Calasancio que perdían por 2 goles a 5. De seguido, ás 12:30h. tocáballe o turno aos infantís que están xogando contra C.F. Monforte.

Hoxe pola tarde non hai partidos, pero mañá, domingo 4 de novembro, haberá outros dous. Ás 12h. os benxamíns do Rúa enfrontaranse aos do C.F. Monforte e xa pola tarde, o equipo sénior (3º despois de golear ao Salamonde a domicilio) xogará o seu partido de liga correspondente á xornada 9, contra o Atl. Ponteedeca C.F.

As fotos da galería corresponden ao partido dos cadetes.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close