ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Campo (O Barco) celebra o San Antón

Publicidade
Tras a procesión, tiña lugar a misa no pavillón de Calabagueiros na que cantaba o Orfeón Valdeorrés

Os veciños do barrio barquense do Campo levaban nesta tarde de 13 de xuño en procesión a imaxe San Antón de Padua. O percorrido relixioso saía da parte posterior da residencia da terceira idade Nosa Señora de Fátima (xa que o entorno da súa capela está en obras) e finalizaba no polideportivo de Calabagueiros, onde se oficiaba a misa.

 

 

Durante a solemne celebración, que contaba cunha multitudinaria asistencia e na que cantaba o Orfeón Valdeorrés, tiña lugar a tradicional bendición de familias, nenos, noivas, pans e veas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button