CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Campo (O Barco) celebra o San Antón

O día central da festa será o vindeiro 13 de xuño no que os veciños deste barrio sacarán en procesión á imaxe do santo

Coa tradicional novena comezaban o pasado 4 de xuño os actos na honra de San Antón no barrio barquense do Campo. Ademais nesta fin de semana a celebración incluía tamén un programa festivo que tiña como protagonista a música.

Así no palco instalado moi preto do polideportivo de Calabagueiros actuaba na tarde e noite do 8 de xuño a orquestra Pekados e xa o 9 de xuño haberá baile coa orquestra Costa Dorada a partir das 20h.

O día central da festa será o vindeiro 13 de xuño na que os veciños sacarán en procesión a San Antón ás sete e media, despois terá lugar a misa no polideportivo de Calabagueiros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button