ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Campo (O Barco) mantense fiel a San Antón

Trala procesión coa imaxe do santo dende a capela, tiña lugar a eucaristía no pavillón de Calabagueiros

Pola mañá en Fontei (A Rúa) e pola tarde no Campo (O Barco). Un ano máis os devotos de San Antón asistían á cita relixiosa o 13 de xuño que no caso da localidade barquense tiña lugar coma sempre no pavillón polideportivo de Calabagueiros, transformado nun improvisado local relixioso.

Coma sempre, ás 19:30h. arrancaba a procesión coa imaxe do santo dende a capela de Cedie ata o pavillón, co acompañamento musical dos gaiteiros. Unha vez dentro, con centos de devotos mas cadeiras e bancadas do local, comezaba a eucaristía harmonizada pola Coral Mariñán e presidida por Francisco Javier Redondo de Paz, Vicario Episcopal do Bierzo e Galicia, contando asemade coa presenza do párroco Ángel Sánchez Cao e outros dous sacerdotes da contorna. Durante a solemne celebración tiña lugar a bendición de familias, nenos, noivas, pans e veas, xa que San Antonio é coñecido como “o santo do mundo” por ser venerado en diferentes países, pero tamén como protector do ser humano en xeral.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button