DeportesÚltima hora

O Campus Celta de Verán de fútbol chega este ano ao Carballiño

Uns 50 rapaces participarán nesta I edición do campamento que se celebrará do 25 ao 29 de xuño
Presentación do Campus Celta de Verán de fútbol no Carballiño.

Arredor de 50 rapaces participarán no primeiro Campus Celta de Verán de fútbol, que se celebrará do 25 ao 29 de xuño nas instalacións da Uceira, no Carballiño. O prazo de inscrición remata este domingo, e quedan só por cubrir as últimas prazas, xa que a día de hoxe hai 40 nenos matriculados. As inscricións (169 euros) poden realizarse nas páxinas web da Fundación Celta de Vigo e de Educa3, organizadores do evento deportivo coa colaboración do Concello.

O campus vai dirixido a rapaces de 4 a 16 anos e será impartido por monitores da Fundación Celta de Vigo segundo os valores inherentes ao deporte que se resumen no lema “O fútbol e o Celta como corazón do Campus”. Será “unha mestura da ensinanza técnica e lúdica do fútbol como mellor ferramenta para formar aos nenos”, dixo o coordinador Álex Abalde. Desenvolverase os días 25, 26, 27 e 28 de xuño na Uceira, en horario de 10 a 14h. e o último día, o 29 de xuño, rematará cunha viaxe a Vigo para visitar Balaídos e adestrar no campo da Madroa.

Xunto con todas as actividades programadas, a inscrición conleva unha equipación completa ADIDAS do Celta.

Artigos relacionados

Back to top button