DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O campus de fútbol da Rúa celebra o X aniversario

Máis de 100 rapaces distribuídos en dúas quendas, asisten ao campamento de verán

Despois dos 55 rapaces que participaban na primeira quenda (do 29 de xuño ao 5 de xullo), un total de 52 comezaban o luns 7 de xullo a segunda quenda do campus de fútbol da Rúa que se estenderá ata o sábado día 12, e que este ano celebra o X aniversario.
Precisamente para celebrar os dez anos que o campus se leva celebrando nos veráns da Rúa, a organización decidía contar coa presenza de recoñecidos profesionais do mundo do fútbol como o ex árbitro internacional Bernardino González, ou José Antonio García Calvo, ex madridista, entre outros.

Ademais do apartado estrictamente deportivo con sesións técnicas e tácticas de fútbol, os asistentes ao campus disfrutan de tempo de lecer (xogos, piscina…) e incluso dunha excursión.

Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button