OurenseÚltima hora

O campus de Ourense ofrece o primeiro grao galego en Enxeñaría Aeroespacial

O presidente da Xunta asistiu esta mañá á presentación da nova titulación, que arranca en setembro con 50 prazas
Alberto Núñez Feijóo acompañado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu o acto de presentación do grao de Enxeñería Aeroespacial, esta mañá, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta.
Un momento da presentación da carreira, esta mañá, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.

O campus universitario de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo (Uvigo), suma unha nova titulación á súa oferta formativa. A partires do vindeiro curso académico, impartirase o Grao en Enxeñaría Aeroespacial, o primeiro en Galicia e un dos dez existentes a nivel español. Convértese así a provincia no “vértice” da formación e a “captación de talento do polo aeronáutico galego”. Son palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que presidiu esta mañá o acto de presentación xunto co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, entre outros.

Alberto Núñez Feijóo acompañado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu o acto de presentación do grao de Enxeñería Aeroespacial, esta mañá, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta.
Alberto Núñez Feijóo acompañado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu o acto de presentación do grao de Enxeñería Aeroespacial, entre outros.

O acto tivo lugar na Delegación da Xunta en Ourense e a el acudiron outros dirixentes como o presidente da Diputación, Manuel Baltar, que calificou o día de hoxe como “grande” ao entender que con esta titulación a provincia se sitúa como “referente no coñecemento aerospacial”. O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ou a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, foron outras das caras máis visibles deste lanzamento.

O titular da Xunta destacou que coa implantación deste grao pecharase o triángulo do coñecemento aeroespacial, que permitirá aproveitar as sinerxías existentes entre a formación académica, a investigación punteira pública e privada e a industria do sector.

Dixo tamén que esta é unha titulación “moi demandada e valorada” que actualmente só se imparte en dez universidades en toda España e mostrouse convencido de que Galicia “pode liderar” un sector “con moito valor engadido e potencial de crecemento”.

Por outra banda, o reitor da Uvigo sinalou que esta nova carreira en Ourense “dotará de músculo ao incipiente sector aeronáutico e aeroespacial galego”, e remarcou que o deseño curricular se fixo “tendo en conta o tecido empresarial e produtivo galego e as súas necesidades”.

En canto aos detalles da nova oferta formativa, o secretario da Xunta de Titulación de Enxeñaría Aeroespacial e próximo director-comisario da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, Anxo Formella, concretou que o grao contará cun total de 240 créditos distribuidos en catro cursos académicos. 50 serán as prazas destinadas a estudantes nesta primeira promoción e poderán especializarse en Aeronaves ou en Equipos e Materiais Aeroespaciais, dous dos cinco itinerarios curriculares estipulados para estes estudos. Tan só falta por definir, segundo matizou Formella, a ubicación da escola no campus de Ourense. Polo demais, “todo está listo, só nos faltan os estudantes”, concluíu.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button