DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Campus Ourense proclámase subcampión de España no Valencia Rugbi Festival 7

Os ourensáns perdían na final contra o equipo vasco Hernani

Nunha única xornada se disputaba o campionato de España de Rugbi 7 celebrado en Valencia esta fin de semana. Un torneo no que participaron equipos de diferentes puntos da península, entre eles o Campus Ourense Rugbi que regresaba para casa co título de subcampión.

Os rapaces de David Monreal vencían 7/12 aos do Liceo Francés e 17/19 ao do Sant Cugat, perdendo contra os gañadores e campións, o Hernani: 7/27 na fase de grupos e 22/0 na final.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button