Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Campus Ourense Rugby, campión do triangular internacional de rugby sub 14

No torneo celebrado en Ourense tamén participaron L’Hospitalet RC e o equipo portugués do Braga RC

Ourense acollía na mañá do 16 de xullo o torneo triangular sub14 de rugby organizado polo Campus Universitario Ourense Rugby, disputado entre o equipo organizador, o L’Hospitalet RC e o equipo portugués do Braga RC.

Tal como explican dende a organización, malia o intenso calor da xornada, “os mozos xogaron e divertíronse” proclamándose campión do torneo o equipo anfitrión despois de gañar os dous partidos. Vencían por un axustado 28-29 ante L’Hospitalet e 38-29 ante o Braga RC. O equipo subcampión foi L’Hospitalet tras vencer a Braga RC por 38-29.

E tralos encontros chegaba o terceiro tempo no que comeron, entregáronse os trofeos e intercambiaron agasallos. “Foi unha bonita xornada”, aseguran dende o Campus Universitario Ourense Rugby.

Fotos: Percy.

Artigos relacionados

Back to top button