DeportesÚltima hora

O Campus Ourense Rugby pon o broche a unha gran tempada coa celebración do Día do Club

A festa terá lugar mañá, sábado 17 de xuño, a partires das 10:30h. nas instalacións deportivas de Monterrey

A 2016/2017 foi unha tempada longa e positiva no apartado deportivo, por iso, o Campus Universitario Ourense Rugby quere poñerlle o broche de ouro coa celebración do Día do Club que terá lugar mañá, sábado 17 de xuño, nas instalacións deportivas de Monterrey.

Tal como adiantan dende o club de rugbi, o horario será de 10:30 a 15:30 horas e levaranse a cabo diferentes actividades e xogos (rugbi touch….) terminando cun xantar. “Será un bo momento para xuntarse todos os membros do club e afecccionados nunha xornada entretida para despedir a campaña”, din.

Dende os encontros nas escolas ata as competicións federadas das diferentes categorías (sub 14, sub 16, sub 18, femenino, universitario e 2ª rexional no ámbito autonómico), foi grande o labor que desenvolveron dende o club contanco coa colaboración de adestradores, delegados, pais, médicos, fisios “e moitas persoas que colaboraron e axudaron para que todo esto se pudiera realizar”, aseguran.

E con respecto ao equipo de división de honra, destaca a boa campaña na que conseguiron a quinta posición, por riba dos outros dous equipos galegos, CRAT e Vigo RC, logrando ademais a Copa Xunta de Seven en categoría masculina e o subcampionato de España de Rugby 7 masculino celebrado en Valencia.

Foto: Carlos Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button