DeportesRugbyÚltima hora

O Campus Ourense Rugby presenta a súa equipación para a vindeira tempada

O acto tivo lugar no Pazo Provincial da capital da provincia

O Campus Ourense Rugby presentou hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial o equipamento que xogadores e xogadoras lucirán na vindeira tempada 2020-2021, tanto na división de honra B nacional como no resto de categorías e da escola de rugby do club.

O acto contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do Campus Ourense Rugby, José Luis Rey, e o presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, ademais de Miguel Fernández, director xeral de Fesbal, a Federación Española de Bancos de Alimentos, quen, a través dun vídeo enviado para a presentación, agradeceu o apoio por contar co Banco de Alimentos nesta iniciativa deportiva.

 

 

O presidente do Campus Ourense Rugby agradeceu o apoio da Deputación e das institucións e patrocinadores que colaboran “para que o equipo participe en todas as competicións nas que figura, desde a división de honra B, sendo o mellor equipo galego, e as demais categorías femininas e masculinas”. Ademais, anunciou que o club creará unha fundación para levar adiante un equipo de rugby inclusivo e traballar en proxectos similares de impulso e difusión do rugby en institucións penitenciarias.

 

 

Finalmente, Cecilio Santalices destacou “a ilusión que desde o Banco de Alimentos de Ourense temos coa participación nesta iniciativa deportiva e social”, agradecendo que contasen con este colectivo do que salientou o labor desenvolvido durante “os duros meses da pandemia, no que o Banco de Alimentos de Ourense repartiu máis de 477.000 quilos de alimentos y colaborou con máis de 6.000 familias”.

Artigos relacionados

Back to top button