En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Campus Ourense Rugby xa é de División de Honra B

O conxunto ourensán lograba o ascenso trala vitoria ante o Universitario Bilbao nunha gran final

O traballo, o esforzo e o tesón teñen a súa recompensa. E así o demostraron os xogadores do equipo sénior do Campus Ourense Rugby que vén de completar unha tempada redonda. Despois de liderar a clasificación xeral converténdose nos campións galegos da liga regular, os ourensáns metíanse de cheo na fase de ascenso á División de Honra B, superando un a un os encontros.

Así, chegaban á gran final que xogaban contra o Universitario Bilbao. 31-3 vencían en Ourense no partido de ida e só unha semana despos repetían proeza, lévandose o partido de volta por 21-48 en terras vascas, “nunha praza de primeira, como é o campo de Recalde en Bilbao, a rebosar de afeccionados de ámbolos dous equipos que querían disfrutar dunha gran xornada de rugbi”, explican dende o equipo ourensán que se presentaba cunha renta de 28 puntos que lle deu unha ampla marxe de maniobra. Lograban tres ensaios a oito e unha clara vantaxe, “impoñéndose en case todas as facetas do xogo (excepto nos saques de lateral, donde se cometeron moitos fallos)”, din dende o Ourense.

Ao final, tras catro victorias noutros tantos partidos da fase de ascenso, con esforzo e actitude, o conxunto demostrou merecer o paso á categoría de prata, nun día no que escribía unha nova páxina na súa historia, facéndose un oco no rubgi nacional, como resultado de dous anos de duro traballo no que foron capaces de superar “medos e complexos”.

Fotos: Alberte Paz.

Artigos relacionados

Back to top button