Galerías de fotosOurense

O Campus U. Ourense Rugby cae ante o CRAT da Coruña, mermado polas baixas

Os rapaces de David Monreal, que compiten na división de honra, perdían 36-29

Cun plantel mermado polas baixas, o Campus Universitario Ourense RC viaxaba ata A Coruña para disputar a oitava xornada de liga na división de honra, caendo nunha xornada de vento e auga.

Tal como explican dende o club ourensán, o partido xa comezou mal cun ensaio do  CRAT no minuto 3 que levaba aos coruñeses a pousar o balón tres veces máis durante esta metade, “con claro dominio a través de Harlow de novo (transformado por Forestier), Von Kursell  (transformado por Forestier) e Tuiqali, esta vez non transformado”. Con todo os ourensáns puderon recurtar en dúas ocasións con dous ensaios de Pam e Miguel, deixando o resultado parcial de 26-10.

Na segunda parte cambiaron as tornas cun Campus loitador e con ganas de xogar ao rugby. Aos tres minutos Pam volvía pousar o balón pero pouco despois Pérez sumaría cinco puntos máis para os locais. Fieis ao seu estilo o Ourense botou man de garra e xogando ao “rugby que lle gusta”, logrou ensaiar dúas veces máis a través de Tuuta e Zach (ambos transformados por Sam). Co 31-29 no marcador, cinco minutos para o final e a vitoira ao alcalce das mans para os de Ourense, o CRAT volvía ensaiar deixando o resultado final de 36 a 29.

A vindeira fin de semana hai descanso para os rapaces de David Monreal co cal a seguinte xornada será o 25 de novembro en casa contra Eibar RT.

Fotos: Campus Universitario Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button