Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Campus Uni. Ourense Rugby Club, galardoado na XXVIII Gala do Deporte Universitario

O acto tiña lugar na tarde do 21 de novembro no Edificio Politécnico do campus ourensán

 

A festa do deporte da Universidade de Vigo trasladouse este ano ao campus de Ourense. 41 persoas e colectivos, principalmente da comunidade universitaria pero tamén alleos a ela, eran galardoados na tarde do 21 de novembro, na celebración da XXVIII Gala do Deporte Universitario. Elas e eles recolleron os seus galardóns en recoñecemento ao “seu compromiso co deporte e cos seus valores”, entre os que estaba o O Campus Universitario Ourense Rugby que recolleu varios premios.

 

 

O recoñecemento aos logros da pasada tempada dos equipos feminino (2º puesto na LGR xogando a fase de ascenso a DH) e sénior masculino (3º clasificado en DHB xogando a fase de ascenso a DH, e campión da Copa Xunta). A nivel individual, Juan Carlos Rodríguez Cantón “Juanki” recolleu o recoñecemento como ex xogador e ex presidente do Campus Universitario Ourense.

Tamén houbo mención especial a persoas da universidade vecelladas co deporte, neste caso, a José Ángel Vázquez Barquero pola súa vinculación co rugby ourensán e co club.

Fotos: Percy

Artigos relacionados

Back to top button