Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Campus Universitario Ourense RC comeza a liga cunha contundente vitoria en Vigo

Os de David Monreal vencían 8-40 no derbi galego contra kaleido Vigo RC

Cunha contundente vitoria 8-40 en casa do Kaleido Vigo RC, arrancaba a tempada o Campus Universitario Ourense RC. Malia o abultado resultado, o Ourense é consciente de que cometeu erros que deben ser corrixidos e traballados para evitar problemas de cara aos seguintes partidos, destacando o bo papel dos novos xogadores nacionais e estranxeiros “que foi completado pola veteranía dos outros xogadores”.

O partido foi entretido con dominio dos ourensáns aínda que eran os de Vigo os que se adiantaban no marcador. Lonxe de amilanarse, os do Campus conseguían ensaiar en seis ocasións cun “soberbio Sam Shearer que transformaría 5 dos 6 ensaos”, explican dende o club.

Conscientes de que “hai que seguir traballando moito con seriedade e humildade dado que a tempada é moi longa e complicada”, este resultado dá un empuxón de optimismo ao conxunto ourensán de cara ao enfrontamento da vindeira fin de semana, en casa fronte ao todopoderoso Getxo RT, equipo provinte da máxima categoría do rugby nacional.

Fotos: Campus Universitario Ourense RC.

Artigos relacionados

Back to top button