PolíticaÚltima hora

O candidato nacionalista á alcaldía de Viana, Secundino Fernández, visitaba á feira da vila con Noa Presas

A deputada do BNG no Parlamento galego destacaba que a entrada deste partido no Concello de Viana “supuxo o impulso de políticas para erradicar a perda de poboación provocando un aumento da mesma”
O candidato á alcaldía de Viana polo BNG, con Noa Presas e outros membros da candidatura, na feira.

 

Co fin de achegar o “proxecto de futuro para Viana do Bolo” do BNG, o seu cabeza de lista e actual alcalde, Secundino Fernández, percorría coa deputada galega por Ourense no Parlamento galego, Noa Presas, a feira desta vila. Neste paseo, no que facían un reparto informativo, tamén estaban acompañados por outros membros da candidatura.

Nesta visita Presas resaltaba “a democratización que deste concello nestes últimos catro anos coa elección de Secundino Fernández como alcalde de Viana do Bolo. A entrada do BNG no concello vianés supuxo o impulso de políticas para erradicar a perda de poboación provocando un aumento da mesma”, sinalou a deputada.

Pola súa banda, o candidato nacionalista alcaldía aseguraba que “fomos capaces de atraer a poboación nova que se instalou e emprendeu no rural. En só catro anos reparamos os servizos básicos, consolidamos unha axenda cultural estábel e transformamos o modelo de xestión, como demostran as sentenzas gañadas a Aquagest, permitindo unha mellora na vida das veciñas e veciños” sinalou Secundino Fernández.

Para Noa Presas “isto é só o comezo, e nos próximos anos estou convencida de que Viana vai crecer, e malia os intentos do PP de demonizar a acción de goberno desde a Deputación como no caso da estrada de Santo Agostiño” sinalou Presas.

O candidato á alcaldía, Secundino Fernández, afirmou que o BNG “ten un proxecto político de futuro para o concello de Viana do Bolo”. En catros anos, segundo sinalaba, mudaron as cousas e “conseguimos estabilizar o territorio aplicando políticas públicas de calidade para a cidadanía”.

Artigos relacionados

Back to top button