Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O candidato popular á alcaldía de Trives aposta por reactivar o turismo e potenciar o sector primario

Domingo Diéguez presentaba o seu programa nun acto celebrado no auditorio da vila coa asistencia de Manuel Baltar e de Fabiola García

O Auditorio Julio Vázquez de Trives acollía na tarde do 18 de maio o acto de presentación do programa electoral co que a candidatura do PP, que lidera Domingo Diéguez, o actual alcalde, se presenta ás vindeiras eleccións locais na Pobra de Trives.

O candidato popular abría as intervencións expoñendo as principais liñas do seu proxecto que incide no apoio e potenciación do sector primario (viño, carne, bica, mel, embutidos…), así como na reactivación do turismo a través dun plan director, na creación dun viveiro de empresas e dunha escola municipal de proxectos.

Diéguez resaltaba ademais a importancia de desenvolver a cultura e o deporte, detallando numerosas propostas neste senso, entre elas a posta en marcha dun “Museo etnográfico, dun Museo da Electricidade e dun Centro de Interpretación da Enerxía Hidráulica no edificio do antigo centro comarcal”.

Tamén mencionaba a mellora das infraestruturas rurais (pistas dos viñedos, camiños nas aldeas e pista forestais), o abastecemento de auga, saneamento, remodelación integral dos alumados públicos, así como os servizos sociais citando a posta en marcha de plans de atención aos maiores, muller e xuventude e “a potenciación dos servizos sociais, atención á terceira idade e a persoas en risco de exclusión”. O candidato popular recordaba ademais as infraestruturas pendentes na zona (Ourense-A Rúa-Trives-A Gudiña por Manzaneda, Trives-Chandrexa, Trives-Montefurado) e a importancia de contar cun plan de loita contra incendios urbáns.

Tras Domingo Diéguez tomaba a palabra a conselleira de Política Social, Fabiola García, e finalmente o presidente do PP de Ourense e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, quen se refería ao candidato popular de Trives como un exemplo “dos 32 novos candidatos que presentamos nestas eleccións e que pon de manifesto que somos un partido vivo e en continua evolución”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button