PolíticaÚltima hora

O candidato popular Moisés Blanco animaba á participación tras votar no Barco

 

Nunha das mesas electorais situadas na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco votaba ás 12:30h. deste domingo o valdeorrés Moisés Blanco Paradelo, número 12 da candidatura do PP por Ourense ás eleccións galegas. Acudía acompañado por membros da xunta local do PP barquense, entre eles a portavoz municipal, Sabina Aguado.

Tras depositar a papeleta na urna, Blanco Paradelo agradecía “o traballo que están realizando todas as persoas que están nas mesas, os interventores e apoderados” e ademais facía unha “chamada á participación porque é totalmente seguro votar, son unhas eleccións moi importantes posto que imos elixir ao presidente e ao Parlamento que vai ter que xestionar e tomar decisións para que Galicia poida saír da mellor forma posible desta terrible crise”.

O candidato popular resaltaba “a total normalidade” coa que se está a desenvolver a xornada, “a xente estase adaptando a estas novas medidas e eu creo que son positivas, entramos todos mellor, ordenados, saímos e con toda a seguridade posible”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button
Close