Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O candidato popular no Barco avanza as medidas agrarias do seu programa

Presentábaas nunha rolda de prensa que daba xunto ao secretario xeral de Medio Rural e Montes
O secretario xeral de Montes e Medio Rural, xunto ao candidato popular no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O secretario xeral de Montes e Medio Rural, xunto ao candidato popular no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O programa do PP do Barco recolle “un apartado importante dedicado ao desenvolvemento rural”. Así o destacaba na tarde do 19 de maio o candidato popular á alcaldía no Barco, Moisés Blanco, nunha rolda de prensa que daba xunto ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto.

Entre as medidas que pretenden impulsar de acceder ao goberno municipal figuran a creación dunha plataforma on line “ dende a que se podan vender produtos da zona xa que, ademais da enorme calidade que teñen os nosos produtos, é necesario darlle un impulso de modernidade para que cheguen canto máis lonxe, mellor”.

Outro punto do seu programa en materia de medio rural é “a implantación de diferentes axudas para a recuperación de viñedos, castiñeiros e oliveiras, ademais da total colaboración dende o Concello para todos aqueles que queiran emprender novos negocios no rural”, tal e como sinalaba.

Pola súa banda, o secretario xeral de Medio Rural e Montes referíase destacar ao gran potencial do Barco no ámbito do agro, de aí que “debamos apostar por desenvolver aquelas potencialidades que ten cada zona como a forestal ou as producións tradicionais como o viño, o aceite ou a castaña”.

Artigos relacionados

Back to top button