Eleccións municipaisGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

O candidato popular no Barco reúnese co conselleiro de Economía

Moisés Blanco presenta as principais liñas económicas do seu programa electoral

Acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o candidato popular á alcaldía do Barco, Moisés Blanco, presentaba na vila valdeorresa as principais liñas do seu programa electoral en materia económica. Mencionaba un plan de emprego e tamén unha aposta pola promoción do polígono industrial da Raña e do viveiro de empresas, así como o desenvolvemento da FP dual.

Pola súa banda, o conselleiro de Economía aproveitaba a visita para anunciar que a finais de maio vaise aplicar no polígono industrial do Barco unha rebaixa na compra de solo industrial nas súas fases segunda e terceira, “é unha medida clara de incentivación da industria”, sinalaba. Tamén lembraba o apoio da súa consellería á promoción da lousa no exterior e ás medidas de loita contra o po de sílice nas naves desta industria.

Tras o encontro co candidato popular, Francisco Conde mantiña unha reunión con empresarios valdeorreses.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button