Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O candidato socialista á alcaldía aposta por un “Barco sostible”

A mellora do aforro enerxético e unha innovadora xestión do lixo, entre os principais puntos mediomaibentais do programa de Alfredo García
O candidato socialista á alcaldía do Barco, Alfredo García, acompañado por dous membros da súa lista./ Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato socialista á alcaldía do Barco, Alfredo García, acompañado por dous membros da súa lista./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os membros da candidatura socialista do Barco están a centrar a súa campaña na rúa, “esa é a nosa oficina. Queremos estar na rúa falando cos cidadáns”, aseguraba o 11 de maio en rolda de prensa o cabeza de lista deste partido neste concello valdeorrés, Alfredo García. Ao longo desta semana continuarán percorrendo o municipio e o seu obxectivo é ademais “chegar a todos os núcleos rurais do Barco”.

Neste encontro cos medios o candidato socialista presentaba asemade o seu programa electoral á alcaldía do Barco e facía fincapé no eido do medioambiente con innovadoras propostas. “O medio ambiente será un dos nosos puntos estrela, non prometemos novos proxectos, senón que continuamos cos que xa estamos a desenvolver”, dicía. E, en concreto, aludía a dous nos que xa están traballando. Un deles aposta pola enerxía sostible e pretende substituír as infraestruturas enerxéticas actuais (alumado público e de edificios, calefacción, maquinaria….) do municipio por outras de aforro enerxético.

Por outra banda, Alfredo García adiantaba que está a traballar, dende O Barco, nun novo proxecto de tratamento de lixo “no que non hai ningún tipo de combustión” e no que se pretende involucrar a outras administracións públicas como son as Deputacións de Ourense e Lugo e tamén a Sogama. “Sería un proxecto para a zona sur de Galicia, Ourense e Lugo”. O candidato socialista resaltaba o valor desta iniciativa, non só polo novidoso que é na xestión do lixo, senón tamén porque o seu desenvolvemento “xeraría postos de traballo no ámbito da I+D+i”

Artigos relacionados

Back to top button