Galerías de fotosO BarcoPolíticaÚltima hora

Caballero comprométese no Barco a atender as necesidades de Valdeorras

O candidato socialista sinalaba na súa visita á vila que "é importante que haxa unha nova etapa que lle dea impulso, futuro e respaldo á comarca dende a Xunta"

O secretario xeral do PSdeG e candidato á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse esta tarde na súa visita a O Barco a atender as necesidades de Valdeorras. Nesta visita acompañárono o alcalde deste municipio, Alfredo García xunto co seu equipo, e representantes socialistas da comarca. Ademais, tamén estiveron presentes os candidatos pola provincia de Ourense Marina Ortega e Juan Carlos Francisco; así como o secretario privincial do partido, Rafa Villarino.

 

Percorrendo a vila. Foto: Carlos G. Hervella

 

Caballero quixo recalcar que se compromete a “dar resposta a todas as necesidades produtivas de Valdeorras, específicamente ao sector do viño, onde existe unha fonda preocupación pola recollida de uva, para que sexa aproveitada e pagada para cubrir custos”.

Ademais, reafirmou “a necesidade de buscar novas formas para as escombreras do sector da lousa que cumpran con todos os criterios mediambientais”. “É importante que haxa unha nova etapa que lle dea impulso, futuro e respaldo a Valdeorras dende a Xunta”, engadiu.

 

A carón do río Sil. Foto: Carlos G. Hervella

 

Por outra banda, o candidato do PsdeG quixo reafirmar a súa aposta pola “sanidade pública, universal e gratuita para defender os servizos públicos, o estado de benestar e tamén para atender as cuestións dos sectores produtivos”.

Finalmente, recalcou que “os socialistas galegos queremos darlle a Valdeorras o peso que ten que ter e que por iso imos potenciar que haxa un senador e un deputado autonómico”, que neste caso é Eduardo Ojea.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button