Eleccións municipaisOurenseÚltima hora

O candidato socialista presenta a campaña “Pensa Ourense”

José Ángel Vázquez Barquero convida aos cidadáns a compartir unha reflexión sobre a cidade de Ourense
O candidato socialista á alcaldía de Ourense na pesentación da campaña.
O candidato socialista á alcaldía de Ourense na pesentación da campaña.

Co obxectivo de “convidar a tódolos ourensáns a compartir unha reflexión sobre a nosa cidade, o Ourense que somos e o Ourense que queremos ser”, na tarde do 7 de abril, a menos de dous meses das eleccións municipais o candidato socialista á alcaldía de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, presentaba a campaña “Pensa Ourense”.

José Ángel Vázquez Barquero co teléfono vermello co que estará en contacto directo coa cidadanía.
José Ángel Vázquez Barquero co teléfono vermello co que estará en contacto directo coa cidadanía.

No acto, Barquero explicou que esta primeira fase de reflexión para a xestión do Concello virá seguida dunha segunda chamada “Escribir Ourense” onde as ideas aportadas na primeira fase tomarán corpo no programa electoral. O proceso rematará cunha terceira fase denominada “Facer Ourense” que se desenvolverá ao longo da campaña electoral propiamente dita. “Primeiro pensamos, despois escribimos e posteriormente propoñemos facer Ourense dende a cabeza ata o corazón” dixo, engadindo que “será o noso propósito nesta campaña, seguir construíndo Ourense con cabeza e con corazón e dende esta oficina da agrupación municipal do PSdeG PSOE, queremos ser o altavoz e os portavoces do pensar e do sentir dos ourensáns” engadindo que “se algo queremos reivindicar dende a candidatura dos socialistas da cidade de Ourense é a defensa do público, recuperando o sentido das ágoras como espazo de debate, discusión e interacción cos cidadáns”.

Vázquez Barquero no balcón da oficina da agrupación municipal do PSdeG PSOE na praza Maior de Ourense.
Vázquez Barquero no balcón da oficina da agrupación municipal do PSdeG PSOE na praza Maior de Ourense.

No cartaz da campaña presentada polo candidato socialista, indícase a súa conta de twiter na que os cidadáns poden contactar con el, así como un numero de teléfono “ao que os cidadáns me poden chamar en calquera momento e poden enviar os seus comentarios a través de WhatsApp, co compromiso de atender e responder persoalmente a tódalas chamadas e mensaxes sen ningún tipo de filtro”. No cartaz tamén está o teléfono vermello que “queremos que sexa un símbolo desta campaña, a través do cal os cidadáns terán un fío directo comigo e coa nosa candidatura” dixo Vázquez Barquero que propón “unha campaña na que cremos, de contacto directo cos cidadans que está a ser e seguirá sendo unha máxima durante esta campaña electoral porque asi é como os membros da candidatura entendemos a política municipal e a acción política”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button