Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O candidato socialista reúnese cos veciños da Chavasqueira

Nesa mesma tarde mantiña encontros coas asociacións veciñais de Raiiro e Laxas
José Ángel Vázquez Barquero, no encontro cos veciños da Chavasqueira./ Foto: Carlos G. Hervella.
José Ángel Vázquez Barquero, no encontro cos veciños da Chavasqueira./ Foto: Carlos G. Hervella.

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, mantiña na tarde do 14 de maio varios encontros con veciños de Ourense. A súa axenda comezaba na Chavasqueira, onde mantiña unha reunión con residentes nesta zona. Nela comentoulles a súa intención de, no caso de resultar alcalde, continuar cun plan de investimentos ano a ano “no que sexan os veciños os que decidan as obras”. Neste senso, Barquero destacaba que hai dous puntos de referencia no seu programa: a “transparencia” e a “participación dos veciños”.

O candidato socialista mantiña o 14 de maio varios encontros con asociacións veciñais./ Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato socialista mantiña o 14 de maio varios encontros con asociacións veciñais./ Foto: Carlos G. Hervella.

De seguido, mantiña un encontro coa Asociación Veciñal Rairo, e completaba a tarde cunha xuntanza coa Asociación de Veciños Laxas. As Curuxeiras.

Artigos relacionados

Back to top button