Cunha calurosa acollida por parte do público, o cantante Miguel Arias volvía a subirse aos escenarios a súa Valdeorras natal. E facíao no Barco, no marco do ciclo de concertos Terrasón, que xa encara a súa recta final neste mes de setembro.
Numerosas persoas seguían a actuación, que tiña lugar a partir das 22:30h. do sábado 5 de setembro na praza do Concello e na que o músico estaba tamén acompañado polo barquense Ramiro Núñez, membro do grupo Sr. Jingles.
A última vez que o vocalista daba un concerto no Barco era xusto na fin de semana anterior ao confinamento, na Sala Baranda e acompañado de Álvaro Manzanas ao piano. Desta volta facíao rodeado do agarimo do seu público, ao aire libre e coas correspondentes medidas de seguridade sanitarias.
Fotos: Carlos G. Hervella.