CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O canto das coplas dos Maios no Barco

Catro grupos interpretaban, nalgúns casos acompañados por instrumentos, estes versos satíricos

Tras a música tradicional, chegaba o turno dos versos que acompañan aos Maios no Barco. Nesta ocasión eran un total de catro os grupos que presentaban coplas ao concurso organizado polo Concello. As primeiras en cantalas ás 13:30h. deste 1 de maio eran as representantes da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños, seguidas polos profesores e nenos do CEIP Julio Gurriarán, polos do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira e polos do Colexio Divina Pastora.

Nestas coplas tocánbasen en tono satíricos temas referentes aos centros escolares ou ao acontecer diario da vila, como é o caso das vindeiras eleccións municipais ou ao retraso nas obras e reapertura da piscina climatizada barquense. Os actos dos maios continuarán pola tarde na praza do Príncipe de Asturias da vila.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-barco-celebra-a-primavera-cos-maios/

Artigos relacionados

Back to top button