ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O canto trivés das Macizas Centrais conquista A Pobra do Brollón

Facíanse co segundo premio no VI Concurso dos Cantos de Taberna deste concello lucense, onde eran o único grupo ourensán

Ían aos Cantos de Taberna de Pobra do Brollón “simplemente a pasalo ben”, pero voltaban co segundo premio da sexta edición deste concurso. As Macizas Centrais de Trives eran o único grupo ourensán dos doce que participaban neste certame que se celebraba o 10 de decembro nesta vila lucense. Así competían nesta iniciativa musical e festeira cos Corenta e Chinco Boys, Os Estoupafoles e Os Mesmos (os tres de Pobra do Brollón), Con Ton e Son (Salcedo-Pobra de Brollón), Os Palletas (Quiroga), As Lucecús (O Saviñao), La Unión (Sarria), Raíces do Campo e os Amigos do Caldeiro (Lugo), Arrincadeira (Arzúa) e Os Tabernos (Oleiros).

Esta formación musical trivesa regresaba moi satisfeito e tamén destacaban o bo ambiente que se vivía neste certame polos bares da Pobra do Brollón. O certame ganábao o grupo local de Os Corenta e Chinco Boys (penúltima foto desta galería) e no terceiro posto quedaban Os Tabernos de Oleiros (última foto).

Fotos: As Macizas Centrais.

Artigos relacionados

Back to top button