En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O capitán da selección española de voleibol visita o CEIP Julio Gurriarán do Barco

O barquense Jorge Fernández Valcárcel compartíu unhas horas cos alumnos de Primaria

Cantas horas adestras ao día? En cantos países xogaches? A que equipo che custou máis ganarlle? Por que te chaman “a muralla”? Son algunhas das preguntas que os alumnos de 1º de Primaria, facían ao capitán da selección española de voleibol, Jorge Fernández Valcárcel.

O deportista, natural do Barco de Valdeorras, achegábase na mañá do 3 de maio ata o CEIP Pluriligüe Julio Gurriarán Canalejas, para compartir unhas horas cos alumnos e profesores. Falou cos rapaces sobre os seus inicios no voleibol e a súa traxectoria, respondeu a todas cantas preguntas lle plantexaron e asinou infinidade de autógrafos, fotos adicadas e ata algún balón, como o deportista de elite que é.

Antes de adicarse profesionalmente ao voleibol, Jorge fixo fútbol sala, baloncesto e atletismo ata que descubriu o deporte que lle cambiou a vida e co que foi desenvolvendo a súa carreira en varios equipos da liga francesa e española acadando grandes éxitos deportivos. Dende hai anos é o capitán da selección española de voleibol, participando en campionatos europeos e mundiais. 

Fotos: Mónica G. Bellver salvo as catro últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close