EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O carácter “Brett” e as características do viño

O Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte, acollerá o vindeiro 18 de febreiro unha xornada sobre esta temática

beta

O Brettanomyces, o seu coñecemento e o control en adega centrarán unha xornada que se desenvolverá o vindeiro 18 de febreiro ás 17:45h. no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos. Correrá a cargo de Pepe Heras, director técnico-I+D de Lallemand e enxeñeiro agrónomo.

Nesta conferencia pretende amosar de qué maneira afecta o carácter “Brett” ás características do viño. Nela afondará no “coñecemento desta levadura de alteración e cómo controlala. Dende as técnicas de control microbiolóxico para o seguemento da posible contaminación en adega, ata as diferentes ferramentas para previr e combatir a súa presenza”, tal e como se adianta dende a organización.

Ademais realizarase unha cata para identificar os compostos relacionados con esta alteración e descubrir o seu impacto sensorial no viño. A asistencia é totalmente gratuíta e as prazas son limitadas.

Artigos relacionados

Back to top button