ConcellosÚltima hora

O Carballiño acolle as Xornadas de Arquitectura adicadas a Vázquez Gulías

Do 14 ao 15, están organizadas polo Centro de Estudos Chamoso Lamas e o propio Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías
Cartel das xornadas.
Cartel das xornadas.

O Concello do Carballiño acollerá os vindeiros 14 e 15 de outubro as Xornadas de Arquitectura adicadas a Daniel Vázquez Gulías. Este evento atraerá até a vila a arquitectos, urbanistas, historiadores e deseñadores que intervirán para afondar na figura deste persoeiro, á par que se analizarán diversos aspectos da obra arquitectónica do mesmo. Levaranse a cabo na Casa da Cultura do municipio.

O acto inaugural terá lugar o venres 14 ás 11 horas. Nel está previsto a intervención dos alcaldes de Ourense, O Carballiño, Maside e O Grove. Tamén asistirá o conselleiro de Cultura e o secretario xeral de POlítica Lingüística, o presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense, o vicerreitor do campus de Ourense e os presidentes do Centro de Estudos Chamoso Lamas e do Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías. Estas últimas institucións son as organizadoras do evento.

Entre os poñentes que participarán durante estas xornadas figuran persoeiros da talla do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, alberto de Paula, José Luis Paulos, Celso Rodríguez, Luis Pérez de Juan ou Óscar Gónfer. Tamén intervirán o historiador Francisco Javier González e o catedrático de Historia de Arte, Jesús Ángel Sánchez, o urbanista Pedro Seara e o deseñador gráfico Carlos Paz. A clausura será o sábado 15, ás 19:45 horas cunha actuación musical do ourensán Daniel Minimalia.

Artigos relacionados

Back to top button