CulturaCulturaÚltima hora

O Carballiño celebra o seu XII Festival de Títeres do 17 ao 21 de agosto

As actividades terán lugar no Parque Municipal, ás 19:00h e con entrada gratuíta

A localidade ourensá do Carballiño acollerá, do 17 ao 21 de agosto, a duodécima edición do Festival de Títeres. Durante as cinco xornadas, terán lugar numerosos obradoiros, xogos, contacontos e representacións na explanada do Parque Municipal, ás 19:00h (en caso de chuvia trasladaranse ao Pavillón da Uceira). A entrada será gratuíta e o aforo estará limitado para cumprir coas medidas sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus.

O festival dará comezo o luns, 17 de agosto, coa compañía Bandullo Azul, que representará a súa obra “Flipa cos Contos”; o martes 18 será a quenda do obradoiro de títeres con cartón. O mércores actuarán Barafunda Teatro con “Xan das Ondas” e, no mesmo día, tamén está programado un obradoiro de títeres con globos. O xoves a compañía Teatro de Marionetas Trécola representará “O Show de Baracollas”. Finalmente o venres, día 21, pecharase o festival con “Estrafalaria”, da compañía Xarope Tulú. Este último día tamén haberá unha serie de xogos para público infantil e familiar.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close