EconomíaEconomíaÚltima hora

O Carballiño e Nuremberg irmanandan as súas Festas do Pulpo

Francisco Fumega, Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda.

A vila alemá de Nuremberg acolleu hoxe, 24 de xuño, a presentación da festa grande do Carballiño: A Festas do Pulpo. Todo un referente das festas gastronómicas galegas, esta presentación coincide coa celebración da festa homónima que celebran no Centro Galego desta vila xermana e que este ano cumpre 25 anos. Asemade, o obxectivo de presentar e irmanar a Festa do Pulpo do Carballiño coa de Nuremberg é que a do Carballiño sexa declarada de Interese Turístico Internacional.

A Festa do Centro Galego de Nuremberg cumpre 25 anos.

Nesta irmandade de festexos estiveron presentes o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez; e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

Durante a súa visita, estas tres personalidades eloxiaron os valores da colectividade galega no exterior, que constitúe en todos os lugares “un exemplo de integración ao mesmo tempo que se esforza por manter vivas as tradicións e cultura galegas no estranxeiro”.

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, a 1 de xaneiro de 2017, residen actualmente en Alemaña 17.023 galegos dos que a metade (9.073) naceron xa na diáspora.

 

En Alemaña residen actualmente máis de 17.000 galegos.

Artigos relacionados

Back to top button
Close