OurenseÚltima hora

O Carballiño organiza un campamento de verán con quendas e prazas limitadas

A primeira será dende o 20 de xullo ao 7 de agosto e a segunda dende o 10 de agosto ata o 28 de agosto

O Carballiño organiza un campamento de verán con prazas limitadas para un total de 80 participantes, impartido pola empresa Máis Escola XXI. Habilitaranse dúas quendas; a primeira, dende o 20 de xullo ao 7 de agosto e unha segunda dende o 10 de agosto ata o 28 de agosto.

É un servizo de balde, dirixido a nenos empadronados no Concello de entre 4 a 12 anos no que se ofertan “diferentes actividades que permitan aproveitar o tempo de lecer dunha forma educativa, divertida e saudable, respectando as actuais normativas de prevención necesarias fronte ao Covid-19, sendo obrigatorio o uso de mascarilla de todos os participantes”.

 

Cartel da actividade.

 

Os interesados deberán recoller a folla de inscrición nos Servizos Sociais e presentala no Rexistro Municipal ou na sede electrónica do Concello a partir do martes, 14 de xullo e con data límite do xoves, 16 de xullo. “A asignación de plazas será por rigorosa orde de entrada en dito Rexistro”.

Para máis información, pódese chamar ao teléfono 988 531 076.

Artigos relacionados

Back to top button