ConcellosÚltima hora

O Carballiño presenta a reedición do “Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María

O acto está previsto para a tarde do 15 de abril e contará coa presenza da viúva do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas

 

O concelleiro de Cultural do Carballiño, Diego Calvo, na rolda de prensa de presentación dos actos das Letras Galegas.
O concelleiro de Cultural do Carballiño, Diego Calvo, na rolda de prensa de presentación dos actos das Letras Galegas.

 

Con case vinte actividades entre os meses de abril e maio celebrarase este ano o Día das Letras Galegas, dedicado ao poeta Manuel María,  no Carballiño. Lecturas de poemas, música, teatro, cine, exposicións… Un variado conxunto de propostas que presentaba en rolda de prensa o pasado 12 de abril o concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández.

Entre elas figura a presentación da reedición do “Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María, encargada polo Concello do Carballiño. Este acto está programado para ás 20:30h. do vernes 15 de abril na Casa da Cultura desta localidade ourensá e contará coa presenza do alcalde, Francisco Fumega; de Felipe Senén (autor dos debuxos do libro e amigo persoal de Manuel María); así como da viúva do poeta, Saleta Goy. No decurso da presentación está prevista a proxección de imaxes inéditas do poeta da Terra Cha e, como broche, o grupo Anda Soa interpretará un dos seus poemas.

Artigos relacionados

Back to top button