Ourense

O Carballiño propón un novo proxecto de infraestruturas para o municipio

O alcalde Francisco Fumega e o portavoz popular Argimiro Marnotes reuníronse co presidente da Deputación
Francisco Fumega, Manuel Baltar e Argimiro Marnotes, durante a reunión.

A pavimentación de seis rúas do Carballiño (Castelao, Piñor, Pico Seco, Volante, Cea e Pena Grande), por ser “unha renovación necesaria para o concello tendo en conta o mal estado destas calzadas”, e o novo proxecto de infraestruturas proposto polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o voceiro popular do concello, Argimiro Marnotes ao presidente da Deputación.

Os representantes dos grupos políticos que apoiaron os orzamentos do 2018 nese municipio ourensán, mantiñan este sábado unha reunión con Manuel Baltar no Pazo Provincial para “abordar temas de cooperación entre ambas administracións”.

 

Artigos relacionados

Back to top button